O poeta indonesio Yohanes Manhitu, políglota natural de Timor Oeste, compuxo en Yogyakarta a versión indonesia titulada “Rambut (Fragmen-Fragmen)”, cuxo plural no subtítulo fascinoume coa súa expresiva reduplicación. Yohanes Manhitu traduciu textos do galego, do portugués, do castelán e de diversos idiomas asiáticos ás linguas indíxenas dawan e malaiu-kupang, de Timor Occidental, e ao seu tetun nativo, de Timor Oriental, ademais de ser esperantista e tradutor ao inglés e ao francés. (Ler máis en MEMORIA VITAL DA CABELEIRA MULTILINGÜE por Claudio Rodríguez Fer, un famoso poeta e ensaísta galego; Fonte: acabeleira.com)
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment